top of page
  • Foto del escritorXurxo

UN PASEO POR CRECENTE: O POZO DO INFERNO

Como non podía ser de outro modo, fago a miña primeira aportación ó blog da farmacia utilizando un dos meus lugares favoritos nesta terra bañada polo Miño.


Hai varias formas de chegar, pero por simplificar un pouco, só mencionarei dúas:

a) dende Os Fernandez camiñando,

b) dende Mandelos co coche por un camiño asfaltado, un camiño que xa viviu tempos mellores (e iso e ser moi optimista... a verdade hai que botarlle un bo par para baixar por ahí co coche).


Como coido que xa escribín abondo, vouvos deixar coas fotos dunha paisaxe digna de ver.



Aquí podemos ver a fervenza superior e o miradoiro que andaba un pouco mollado despois das chuvias.



Aínda que non se ve moi ben na imaxe, un muíño escóndese a esquerda das escaleiras.




Diferentes puntos de vista marcan estas dúas fotos. O pozo dende o miradoiro e dende debaixo del.






Outono e inverno en diferentes posicións para non mollar os pés (sen moito éxito).


E, por último, un vídeo.




Pd.- Como recomendación persoal, non acercarse tanto no inverno, que a auga vai fresca (e non o digo como se eu mismo me acercase demasiado e acabase pingando de todo... para nada).


Ppd.- Por se alguén quere saber ónde carallo está o inferno este, imos pedirlle a San Google que nos ilumine coa súa máxica luz...



145 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Homenaje

bottom of page