Estas dúas fervenzas atópanse en "A Airoa", pertencente a parroquia da Laxe no concello de Fornelo de Montes. A elas pódese chegar seguindo a ruta de sendeirismo dos Chozos da Laxe.
Encontramonos dentro da serra do Suido nunha maña oscura
Comezamos a ruta na área recreativa da Airoa. Camiñando un par de minutos atopámonos xa coa fervenza de Casariños, formada polo río Barranqueira de Fonte Uceira, e cun banco de pedra para quen se queira sentar a contemplar as vistas, pero mellor andar un pouco máis e seguir ata a parte baixa da fervenza para contemplar os escalons polos que discurre a auga.


O banco de pedra e os toxos en flor contemplan a fervenza dende o alto (imaxe da esquerda). Na imaxe da dereita podese ver tamén a poza que forma (se mirades o post dende o móvil, nin esquerdas nin dereistas, arriba e abaixo respectivamente).
Como quedarse no alto non ten gracia, había que baixar unha costa de terra un pouco empinada e así poder ver a fervenza de preto. Cousa rara que desta vez non me mollei, inda que a ruta tiña reservado para min una sorpresa en forma de patinazo e caída aos toxos (a día de hoxe inda vou sacando algún pincho).


O río forma curiosos escalons na pedra que parecen feitos pola man do home.
Despois dun longo recorrido (dende o pobo da Laxe podese chegar máis rápido, pero había ganas de camiñar) chegamos a fervenza de Coto Grande, formada polo río Valdohome, inda que antes vai unha foto duns cabalos que pastaban por alí.



Non encontrei a forma de sacarlle fotos dende abaixo pero, pola forma de caer a auga entre as rocas, igual pouco se podería ver.
Deixovos a dirección para chegar, inda que google a veces perdese polos camiños.
Comments