Esta fervenza esta situada no municipio de Pazos pertencente ó concello de Silleda. Vou acabar collendo como tradición facer unha visita a esta impresionante fervenza cada vez que vou a Santiago, de momento xa van dúas veces que fago o mesmo.
Como recomendación persoal para chegar ó sitio sen liarse moito, non lle prestar demasiada atención ó GPS mellor mirar o mapa para ter medianamente controlados os cruces que hay que coller e ir seguindo os sinais (raro que na nosa terra haxa sinais que indiquen ben a dirección, pero as veces pasa).
Deixovos cunhas poucas imaxes da Fervenza e de zonas do río cercanas a ela, non de máis lonxe porque xa eran as 7 p.m. e facíase noite.
Podemos contemplar a fervenza dende os miradores. Na foto da dereita podemos ver parte do mirador inferior.
30 metros de caída vertical.
Para chegar a esta zona hai un recorrido cun camiño bastante amplio que nos leva dende os miradores ata a base da fervenza. Aproximadamente 30 minutos de baixada (e aquí o problema, despois hai que volver a subir).
Como non podía estar quieto recorrin un pequeno tramo de sendeiro paralelo ó río, e inda que en directo disfrutase máis deixo por aquí algunha foto
O río fai varias pozas de camiño a súa desembocadura no río Deza. Se fora un pouco antes dabame tempo a recorrer máis camiño, que seguro que esconde algúnha paisaxe fotográfica máis.
Como final un video dende os miradores e outro dende a base da fervenza.
Aquí vos deixo a dirección para que non vos perdades.
Comments